Description:
O misterio dos Crimes de Corcoesto -versión en galego da novela- sitúase en Corcoesto, unha parroquia tranquila do rural galego onde un grupo de executivos vinculados ao sector eólico escolle un acolledor hospedaxe para o que semella unha xuntanza profesional. Mais, axiña, a verdadeira razón da súa presenza sae á luz: pretenden atopar un tesouro lendario oculto no monte Cudeiro.
A procura esperta todo tipo de especulacións: desde a posibilidade do Santo Grial até reservas de ouro ou minerais valiosos como o litio e diversas terras raras. No decurso das súas pescudas dan cunha cova enigmática, a Cova Crea, que comunica co osario da igrexa parroquial. Entre tensións crecente e segredos soterrados, unha cadea de crimes trastorna a comunidade e deixa ao descuberto a ambición sen freos dos recén chegados.
Dúas investigadoras da Garda Civil, acompañadas por un sacerdote ancián de fonda sabedoría, conducen o fío da narración mentres afondan nos feitos e no espírito de Corcoesto. A historia pon en valor a beleza dun territorio de vales fértiles, antigos dólmenes, círculos líticos e extensos pinares. Todo fica envolto nunha atmosfera de misterio que se espalla polo monte Perrol, o monte Cudeiro, a cobiza humana e a figura dunha femme fatale decidida a defender a montaña fronte aos de fóra.